Sunday 05 de May de 2024

A Xunta entrega aos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte o Fondo de Cooperación Local do mes de marzo e a liquidación de 2018 para dotalos de efectivo


A comarca de Bergantiños-Costa da Morte recibiu, con cargo a estas achegas no primeiro trimestre do ano, 1,8 millóns de euros para poder facer fronte agora as súas necesidades máis urxentes

A Xunta de Galicia informa que xa abonou aos concellos a partida do mes de marzo e a liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local para dotar de liquidez aos gobernos locais no momento no que máis o necesitan. Desta forma, o Goberno Autonómico entregou, no primeiro trimestre do ano, máis de 1,8 millóns de euros aos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para poder facer fronte a crise do coronavirus, xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.

Estas achegas da Conselleria de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza repártense entre todos os concellos da comarca seguindo uns criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias.

En concreto, téñense en conta datos como o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade de núcleos de poboación. Tendo en conta estes criterios os municipios se dividen en tres grupos, menores de 15.000 habitantes, entre 15.000 e 50.000 habitantes e máis de 50.000.

Ovidio Rodeiro apuntou que “ademais de liquidar o mes de marzo en tempo e forma, decidiuse realizar o pago da liquidación pendente de 2018, para que os alcaldes conten neste momento con partidas económicas para todo aquilo que consideren máis necesario e urxente”. “Desde a Xunta de Galicia entendemos que é o momento de arrimar o ombreiro e de facer un esforzo económico en todos os campos para poder axudar a facer fronte á pandemia”, puntualizou.

Estas axudas se xestionan a través da Lei Xeral de Contratos e as tramitan os propios concellos, coa súa propia plataforma de contratación, polo que están exentas da burocracia doutros fondos. Neste senso, o delegado territorial recalcou que “decidimos priorizar estes pagos no momento no que máis necesitan os concellos cartos para poder asumir todos os gastos extraordinarios que están tendo pola crise do Covid 19”.

CONCELLO LIQUIDACIÓN 2018 TRANSFERENCIA 1º TRIMESTE 2020 TOTAL
CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS 26.775,10 66.950,01 93.725,11
CONCELLO DE CAMARIÑAS 23.788,08 62.322,00 86.110,08
CONCELLO DE CARBALLO 54.171,14 286.268,25 340.439,39
CONCELLO DE CEE 32.769,57 80.046,99 112.816,56
CONCELLO DE CERCEDA 28.610,43 79.774,26 108.384,69
CONCELLO DE CORCUBIÓN 9.042,76 29.666,25 38.709,01
CONCELLO DE CORISTANCO 38.521,96 96.774,51 135.296,47
CONCELLO DE DUMBRÍA 22.764,04 60.777,99 83.542,03
CONCELLO DE FISTERRA 20.578,46 54.302,49 74.880,95
CONCELLO DE LARACHA, A 56.286,76 128.110,50 184.397,26
CONCELLO DE LAXE 16.078,05 44.417,76 60.495,81
CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS 27.233,96 67.283,25 94.517,21
CONCELLO DE MUXÍA 29.767,81 76.020,24 105.788,05
CONCELLO DE PONTECESO 30.098,61 78.312,24 108.410,85
CONCELLO DE VIMIANZO 40.876,65 101.024,01 141.900,66
CONCELLO DE ZAS 28.710,31 73.459,26 102.169,57
TOTAL 486.073,69 1.385.510,01 1.871.583,70